Tuesday 14 de May de 2024

Obradoiro de teatro


A Concellaría de Cultura do Concello de Carballo convoca un obradoiro de teatro, co obxectivo de promocionar o teatro como práctica artística, cultural e lecer, promocionando a formación e a creación teatral de afeccionados neste ámbito artístico, e de difundir e incentivar a creación teatral,

O obradoiro está dirixido e impartido polo grupo de teatro Galeatro e consistirá nunhas clases de teatro que terá lugar no Pazo da Cultura os luns entre as 18.30 e as 22 h (o horario concretarse co alumnado) nas se prepararán pequenas obras, así como outras accións de creación dramática complementarias a actividades da Concellaría de Cultura para programas como o entroido ou Programa das Letras. A actividade comezará no mes de xaneiro e rematará no mes de xuño.

Nº de prazas: 12
Destinatarios: maiores de idade
Inscrición: de balde
Prazo de inscrición: Do 19 ao 29 de xaneiro

10 días naturais contados a partir da súa aprobación e publicación en redes sociais do Concello de Carballo e medios de comunicación. No caso de que pasados os prazo de inscrición, non se completen as prazas, poderá inscribirse ata o momento no que se completen.
Lugar de inscrición: no rexistro do Concello de Carballo. Ficha de inscrición dispoñible na páxina web do Concello e no Pazo da Cultura a partir do 19 de xaneiro.
Criterios de selección: co obxecto de darlle continuidade a anteriores actividades formativas, e en primeiro lugar terán preferencia os participantes na anterior convocatoria e, en segundo lugar, considerarase a orde de inscrición.
Coas persoas non admitidas elaborarase unha lista de suplentes que aos que se convocara para cubrir posibles baixas.

Ademais da orde de inscrición, en función das necesidades dos proxectos que se estén realizando para a selección dos suplentes poderán terse en conta as características persoais dos mesmos que a dirección da aula xustifique como necesarios.

Obrigas dos participantes: Asistir con regularidade e puntualidade ás sesións da aula e participar, como mínimo, en dúas actividades de intervención teatral propostas pola Concellaría de Cultura (Enterro da Sardiña, Programa das Letras, FIOT, programa de animación infantil,…) que se prepararán dentro da aula.